lunes, 13 de abril de 2009

AS UXFOR : UNHA NOVA XESTION DO MONTE

A Consellaría do Medio Rural promove as Unidades de Xestión Forestal (Uxfor), unha das medidas destinadas a crear explotacións viables e sustentables con proxección de futuro, da man dun modelo beneficioso para o sector, en termos tanto económicos como ambientais, que favorece a ordenación da superficie e a prevención de incendios no noso País.
Para a creación das Uxfor, fomentarase o asociacionismo de propietarios de montes cunha superficie contigua superior a 15 hectáreas.

As Uxfor disporán dun instrumento de xestión ao abeiro da Lei de prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza. Este documento técnico permitirá crear espazos de maior tamaño que posibiliten aumentar a rendibilidade e o aproveitamento multifuncional da superficie forestal por parte de propietarios de pequenos predios.
Desenvolverán tamén a ordenación de usos, actuacións de silvicultura preventiva e reforzará as infraestruturas de defensa contra o lume. Con esta actuación, definiranse e integraranse sobre o territorio os diferentes plans de prevención e defensa contra o lume instruídos polas distintas administracións.

As Uxfor terán personalidade xurídica e rexeranse dun xeito democrático de acordo cos seus estatutos. Contribuirán a divulgar e a promover entre a poboación a xestión activa e o principio de corresponsabilidade. Ademais, serán prioritarias nas axudas públicas destinadas ao sector forestal.

Algunhas comunidades de montes xa solicitaron reunións informativas con técnicos da consellaría para aclarar algunhas cuestións , a esta reunión asistiu tamén o delgado do medio rural Gonzalo Constela, que animou aos veciños á creación destas unidades de xestión e recordou que para anos vindeiros somentes poderán solicitar axudas comunidades de montes e as uxfor.

O BNG apoia e anima a os veciños a participar do novo rural impulsado polo goberno nacionalista

QUE FAI A CORPORACION MUNICIPAL DO CONCELLO DE FORCAREI???

ESTE ARTIGO APARECE EN PRENSA NO XORNAL "LA VOZ DE GALICIA" :

O Concello de Forcarei perde 40.000 euros cada ano por non poder aplicar o máximo gravame aos dous parques eólicos que tributan no municipio.
Os parques eólicos deberían pagar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) dentro da categoría de Bens de Características Especiais. Neste grupo inclúense autoestradas e estradas de peaxe, aeroportos, centrais nucleares, presas, encoros e tamén instalacións destinadas á produción de enerxía eléctrica, como é o caso dos parques eólicos.

No Concello de Forcarei aos bens inmobles convencionais aplícaselles un gravame do 0,4 sobre o valor catastral. A ordenanza municipal prevé un gravame máis elevado para os bens de características especiais. O tipo previsto para eles é do 1,3. Con todo, para que este gravame poida aplicarse, primeiro é preciso que os bens en cuestión estean valorados e diferenciados no padrón local como de características especiais. De momento, este tipo de instalacións figuran no padrón xeral. A súa inclusión no grupo correspondente está pendente dunha revisión catastral que depende do goberno central.

Catastro acaba de solucionar o problema censal das minicentrais, que este ano xa tributarán como bens de características especiais. Pero en Forcarei non hai. No municipio funcionan un parque eólico no Candán e outro no Monte Seixo que pagarán 23.000 euros en lugar dos 63.000 cos que xa contaba o Concello.

O NOVO LEADER

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Consellería do Medio Rural ven de dar a coñecer o ACORDO DO CONSELLO DE DIRECCIÓN POLO QUE RESOLVE A PRIMEIRA CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PROGRAMAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL E DE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL (GDR) NO MARCO DO PROGRAMA LEADER . GALIZA.

A consellaría do medio rural, aproba un dos programas con maior finacemento de toda Galiza, xa que destina ao GDR 20, grupo no que se atopa Foracrei un total de 5.499.000 € o que o sitúa no quinto lugar dos que máis euros van a recibir de medio rural.

Agora resta pór en funcionamento o sistema de selección de proxectos e informar a todos os veciños do concellos de como solicitar as axudas que se poidan financiar con cargo a estes fondos

O BNG espera que desta volta o LEADER poida ser unha fonte de investimentos para novos proxectos agrogandeiros, empresariais , culturais ..... en vez de financiar tanatorios ou publicacións.

PARA MAIS INFO:
www.ullaumialerez.eu

O IBI EN FORCAREI

POSTURA DO B.N.G PERANTE O PROBLEMA DO IBI NO CONCELLO DE FORCAREI.

POR FIN ESTÁN FACENDO O SEU TRABALLO?

Perante os últimos acontecementos que se están a producir en canto a recadación do imposto de bens inmobles no concello , o BNG ten que dicer que está farto de atoparse no medio da demagoxia e do xogo cos veciños que están a facer os dous partidos da corporación municipal PP, PSOE, e o sindicato Unións Agrarias .

No relativo ao conflicto do IBI o BNG quere deixar claro como interpreta os feitos que se foron sucedendo:

O día 27 de outubro do 2004, o xornal “LaVoz de Galicia” recolle as declaracións do grupo municipal da oposición baixo o seguinte titular. “O PSOE apoirá a modificación fiscal” esta nova refirese á aprobación da modificación da ordenanza fiscal do imposto sobre bens urbanos publicada no B.O.P o día 28 de decembro do 2004 no que se establece o tipo impositivo máximo (0,5) no I.B.I , é dicer os dous grupos deciden establecer o tipo impositivo máximo fixado por lei.

Froito dunha revisión catastral necesaria para actualizar a recadación do imposto atópase unha suba importante do IBI , é dicer o novo valor catastral é moito máis elevado que o vello valor catastral, e grazas ao tipo impositivo aprobado pola corporación o recibo coa cantidade a pagar multiplícase dun xeito escandaloso.

. Moitos dos erros no cobro do imposto veñen derivados pola revisión de valores feita por catastro (ADMINITRACIÓN ESTATATAL DIRIXIDA POLO PSOE)

Coa emisión dos primeiros recibos os veciños amosan o seu descontento coa situación, e o pleno da corporación decide volver a aprobar unha modificación na ordenanza do IBI, baixando o tipo impositivo ao 0,4 , tal como se recolle no B.O.P do 28 de decembro do 2008. Tamén se decide solicitar unha nova Ponencia de Valores á administración estatal.

O día 4 / 4/08 o ORALe a Dirección Xeral de Tributos da Secretaría de Facenda do Ministerio e por tanto, Admon do PSOE, emiten informes apoiando a xestión do concello e recordando que é competencia do concello cobrar os atrasos deste imposto

6 º O día 8 de Outubro , “La Voz de Galicia” recolle a aprobación de catastro do novo relatorio de valores, de novo esta ponencia non ten nada que ver coa realidade xa que a moitos veciños se lle adxudican propiedades que non son de seu.

Coa emisión dos novos recibos do IBI volve a estallar o conflicto e os veciños novamente vense obrigados a saír á rúa para esixir responsabilidades sobre un conflicto que leva un anos sen resolverse.

Froito da negociación cos veciños o concello resolve unha nova modificación da ordenanza do IBI, e neste caso resolve baixar o tipo impositivo aplicábel a un 0,1 e establecer unha bonificación do 60%, esta medida ven recollida no BOP do 29 de decembro do 2008.

Por tanto antes estes feitos o BNG pregúntase, onde xurde o problema ? E quen ten verdadeiramente competencias para resolvelo? É a resposta é bastante clara para nós :
o problema xorde da inoperancia dunha coorporación municipal que aproba por unanimidade un tipo impositivo elevado sen forzar outras saídas recollidas na lexislación que ten que reconsiderar despois.

Os veciños teñen dereito a saber porqué na primeira modificación da ordenanza municipal non se reduce até o 0,1 o tipo impositivo e porqué non se lle aplican as bonificacións e se espera case un ano para resolver a cuestión definitivamente.Por que teñen os veciños de Forcarei, facer o traballo dos políticos da corporación municipal?
A pregunta que nós nos facemos dende o BNG , é a seguinte que pasaría si en Forcarei, o BNG tivese representación municipal e tivese acceso a informes técnicos , actas de plenos ....... de seguro que algunhas cousas mudarían.

Por último o BNG felicita á corporación municipal (ao PP e ao PSOE) por facer o seu traballo xa que eran os únicos que podían facelo e lamenta a instrumentalización eleitoratlista da cuestión do IBI.

E para rematar sinalar que a suba do imposto e a revisión catastral era algo que se pretendía facer dende o 15 de Xaneiro do 2003 tal como recolle “ La Voz de Galicia”:”Forcarei precisa unha revisión catastral ou incrementar o tipo impositivo do IBI”

Por tanto esta situación comeza no 2003 e remata , esperemos , no 2009 , farán falla outro 6 anos para resolver novos e vellos problemas do concello?