miércoles, 20 de abril de 2011

O BNG PRESENTA A LISTA COMPLETA CON MOITA ILUSIÓN E MOITA GANAS DE TRABALLAR POR FORCAREI

O BNG, presentou onte a súa candidatura para as vindeiras eleccións do 22 de maio. Un proxecto novo para un concello novo baixo o lema “Tempo de cambio, tempo de compromiso” presentan a alternativa a un concello esquecido con déficit de goberno e de oposición.

Para a candidata á alcaldía a candidatura do BNG é a mellor para liderar o cambio político en Forcarei. É reflexo do traballo realizado durante estes catro anos , nos que a pesar de non ter representación municipal estivo no día a día dos veciños.

A candidatura está conformada por:

1. Anabel Gulías Torreiro (29 anos). Natural de Forcarei. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración cun mestrado en Desenvolvemento Rural e Comarcal. Traballou no gabinete de alcaldía do concello de Pontevedra e actualmente é a técnica do grupo de desenvolvemento rural Ulla Umia Lérez que abrangue, entre outros, os concellos de: Forcarei, Cerdedo e A Estrada.

2. Antonio Doval Villaverde (47 anos) natural de Aciveiro .Este gandeiro foi representante pola provincia de Pontevedra das Cámaras agrarias durante 4 anos . Loitador incansábel afronta esta etapa como un punto de inflexión para Forcarei.

3. Rosario Fernández Couceiro (40 anos ) . Gandeira de Meavía. Muller representativa do sector, revindica medidas concretas en relación á muller e o agro. Participa na comisión de festas da súa parroquia.

4. Gustavo Brea Torres (33 anos) . Médico, vencellado a Forcarei , concello no que traballou e no que agora pasa a maior parte do seu tempo. Interesado en temas de sanidade e de lecer, busca alternativas ao punto crítico no que se atopa o concello. Forma parte do grupo de rock galego NAO.

5. José Antonio Martínez Calvo(28 anos). Carpinteiro, natural da parroquia de Quintillán. Participa na candidatura para mellorar e conseguir que as infraestruturas do concello sexan útiles para todos os veciños .

6. Concha Alonso (53 anos). Natural de Soutelo de Montes é catedrática de secundaria na especialidade de administración de empresas. Sempre vencellada ao BNG, traballou por un concello con propostas sólidas en materia económica . Membro da Asociación VERBO XIDO.

7. Belisario Barros Fírvida (35 anos) Natural de Dúas Igrexas. Este empresario xoga no equipo de baloncesto do concello, participou na organización do I Torneo de baloncesto benéfico no que se recadaban fondos para Nicaragua .

8.Valentín García Bóveda (37 anos). Natural de Ratel (Presqueiras) Técnico comercial. De familia nacionalista (é neto do ilustre galeguista Alexandre Bóveda) participa activamente na política cultural do concello, é o tesoureiro da asociación Verbo Xido e membro da Xunta Reitora da Fundación Alexandre Bóveda.

9. Roberto Pardal Fraíz ( 40 anos)Natural de Castrelo e fotógrafo de profesión, defende un concello que brinde oportunidades para todos .

10. Lucía Martínez Brea (23 anos) Traballadora do sector da hostalería , é a persoa máis nova da candidatura e pretende integrar o punto de vista da mocidade na candidatura.

11. Ana María Álvarez Chamosa (39 anos ).Forcarei, profesora de lingua galega , leva anos participando no BNG de Forcarei e marca a continuidade entre os dous proxectos nacionalistas .

Suplentes:
1. Sonia Gulías Torreiro (36 anos) . Natural de Forcarei . Avogada

2. José Antonio Lalín Villaverde (33 anos) Soldador , natural de Aciveiro

martes, 5 de abril de 2011

PRESENTACIÓN DOS PRIMEIROS POSTOS DA CANDIDATURA

O vindeiro sábado día 9 de abril ás 12:00 horas , no Victoria terá lugar a presentación dos primeiros postos da candidatura do BNG de Forcarei.
Nun acto no que o BNG pretende dar o pistoletazo de saída a unha nova época da formación na localidade, aínda que sen esquecer a todos /as os/as simpatizantes que durante este tempo estiveron apoiando á fronte na súa andadura política no concello.
No acto falarán o deputado Bieito Lobeira e a candidata á alcaldía Anabel Gulías Torreiro, que moi ilusionada afirma : “o BNG preséntase desta volta renovado e afortalado. Os/as veciños /as xa coñecen as outras dúas forzas políticas e que é tempo de aire fresco no concello.”

A CANDIDATA Á ALCALDÍA FALA DO FUTURO DA MOCIDADE NO RURAL NA CONVENCIÓN ELEITORAL DO BNG

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou na Convención Electoral Municipal nun encontro con candidatos e candidatas menores de 30 anos no que compartiron experiencias de goberno e propostas de futuro.
O líder nacionalista animou na súa intervención á mocidade a comprometerse “para contruír concellos democráticos, participativos, galegos, porque así construiremos país e nación”.
Anabel Gulías , candidata á alcaldía de Forcarei, manifestou a necesidade da posta en valor dos nosos sectores produtivos estratéxicos nomeadamente o agro gandeiro para facer da política municipal instrumento áxil . Nesta mesma línea apuntaba a necesidade de crear nos concellos secretarias municipais do agro que funcionasen como xanelas informativas sobre todo o relacionado co medio rural: axudas, trámites , información sobre as concentracións parcelarias ….
Deixamosvos o enlace do video : http://www.youtube.com/watch?v
=ZH2xv1weIPw&feature=player_embedded#at=28