lunes, 13 de abril de 2009

AS UXFOR : UNHA NOVA XESTION DO MONTE

A Consellaría do Medio Rural promove as Unidades de Xestión Forestal (Uxfor), unha das medidas destinadas a crear explotacións viables e sustentables con proxección de futuro, da man dun modelo beneficioso para o sector, en termos tanto económicos como ambientais, que favorece a ordenación da superficie e a prevención de incendios no noso País.
Para a creación das Uxfor, fomentarase o asociacionismo de propietarios de montes cunha superficie contigua superior a 15 hectáreas.

As Uxfor disporán dun instrumento de xestión ao abeiro da Lei de prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza. Este documento técnico permitirá crear espazos de maior tamaño que posibiliten aumentar a rendibilidade e o aproveitamento multifuncional da superficie forestal por parte de propietarios de pequenos predios.
Desenvolverán tamén a ordenación de usos, actuacións de silvicultura preventiva e reforzará as infraestruturas de defensa contra o lume. Con esta actuación, definiranse e integraranse sobre o territorio os diferentes plans de prevención e defensa contra o lume instruídos polas distintas administracións.

As Uxfor terán personalidade xurídica e rexeranse dun xeito democrático de acordo cos seus estatutos. Contribuirán a divulgar e a promover entre a poboación a xestión activa e o principio de corresponsabilidade. Ademais, serán prioritarias nas axudas públicas destinadas ao sector forestal.

Algunhas comunidades de montes xa solicitaron reunións informativas con técnicos da consellaría para aclarar algunhas cuestións , a esta reunión asistiu tamén o delgado do medio rural Gonzalo Constela, que animou aos veciños á creación destas unidades de xestión e recordou que para anos vindeiros somentes poderán solicitar axudas comunidades de montes e as uxfor.

O BNG apoia e anima a os veciños a participar do novo rural impulsado polo goberno nacionalista