lunes, 13 de abril de 2009

QUE FAI A CORPORACION MUNICIPAL DO CONCELLO DE FORCAREI???

ESTE ARTIGO APARECE EN PRENSA NO XORNAL "LA VOZ DE GALICIA" :

O Concello de Forcarei perde 40.000 euros cada ano por non poder aplicar o máximo gravame aos dous parques eólicos que tributan no municipio.
Os parques eólicos deberían pagar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) dentro da categoría de Bens de Características Especiais. Neste grupo inclúense autoestradas e estradas de peaxe, aeroportos, centrais nucleares, presas, encoros e tamén instalacións destinadas á produción de enerxía eléctrica, como é o caso dos parques eólicos.

No Concello de Forcarei aos bens inmobles convencionais aplícaselles un gravame do 0,4 sobre o valor catastral. A ordenanza municipal prevé un gravame máis elevado para os bens de características especiais. O tipo previsto para eles é do 1,3. Con todo, para que este gravame poida aplicarse, primeiro é preciso que os bens en cuestión estean valorados e diferenciados no padrón local como de características especiais. De momento, este tipo de instalacións figuran no padrón xeral. A súa inclusión no grupo correspondente está pendente dunha revisión catastral que depende do goberno central.

Catastro acaba de solucionar o problema censal das minicentrais, que este ano xa tributarán como bens de características especiais. Pero en Forcarei non hai. No municipio funcionan un parque eólico no Candán e outro no Monte Seixo que pagarán 23.000 euros en lugar dos 63.000 cos que xa contaba o Concello.