lunes, 13 de abril de 2009

O IBI EN FORCAREI

POSTURA DO B.N.G PERANTE O PROBLEMA DO IBI NO CONCELLO DE FORCAREI.

POR FIN ESTÁN FACENDO O SEU TRABALLO?

Perante os últimos acontecementos que se están a producir en canto a recadación do imposto de bens inmobles no concello , o BNG ten que dicer que está farto de atoparse no medio da demagoxia e do xogo cos veciños que están a facer os dous partidos da corporación municipal PP, PSOE, e o sindicato Unións Agrarias .

No relativo ao conflicto do IBI o BNG quere deixar claro como interpreta os feitos que se foron sucedendo:

O día 27 de outubro do 2004, o xornal “LaVoz de Galicia” recolle as declaracións do grupo municipal da oposición baixo o seguinte titular. “O PSOE apoirá a modificación fiscal” esta nova refirese á aprobación da modificación da ordenanza fiscal do imposto sobre bens urbanos publicada no B.O.P o día 28 de decembro do 2004 no que se establece o tipo impositivo máximo (0,5) no I.B.I , é dicer os dous grupos deciden establecer o tipo impositivo máximo fixado por lei.

Froito dunha revisión catastral necesaria para actualizar a recadación do imposto atópase unha suba importante do IBI , é dicer o novo valor catastral é moito máis elevado que o vello valor catastral, e grazas ao tipo impositivo aprobado pola corporación o recibo coa cantidade a pagar multiplícase dun xeito escandaloso.

. Moitos dos erros no cobro do imposto veñen derivados pola revisión de valores feita por catastro (ADMINITRACIÓN ESTATATAL DIRIXIDA POLO PSOE)

Coa emisión dos primeiros recibos os veciños amosan o seu descontento coa situación, e o pleno da corporación decide volver a aprobar unha modificación na ordenanza do IBI, baixando o tipo impositivo ao 0,4 , tal como se recolle no B.O.P do 28 de decembro do 2008. Tamén se decide solicitar unha nova Ponencia de Valores á administración estatal.

O día 4 / 4/08 o ORALe a Dirección Xeral de Tributos da Secretaría de Facenda do Ministerio e por tanto, Admon do PSOE, emiten informes apoiando a xestión do concello e recordando que é competencia do concello cobrar os atrasos deste imposto

6 º O día 8 de Outubro , “La Voz de Galicia” recolle a aprobación de catastro do novo relatorio de valores, de novo esta ponencia non ten nada que ver coa realidade xa que a moitos veciños se lle adxudican propiedades que non son de seu.

Coa emisión dos novos recibos do IBI volve a estallar o conflicto e os veciños novamente vense obrigados a saír á rúa para esixir responsabilidades sobre un conflicto que leva un anos sen resolverse.

Froito da negociación cos veciños o concello resolve unha nova modificación da ordenanza do IBI, e neste caso resolve baixar o tipo impositivo aplicábel a un 0,1 e establecer unha bonificación do 60%, esta medida ven recollida no BOP do 29 de decembro do 2008.

Por tanto antes estes feitos o BNG pregúntase, onde xurde o problema ? E quen ten verdadeiramente competencias para resolvelo? É a resposta é bastante clara para nós :
o problema xorde da inoperancia dunha coorporación municipal que aproba por unanimidade un tipo impositivo elevado sen forzar outras saídas recollidas na lexislación que ten que reconsiderar despois.

Os veciños teñen dereito a saber porqué na primeira modificación da ordenanza municipal non se reduce até o 0,1 o tipo impositivo e porqué non se lle aplican as bonificacións e se espera case un ano para resolver a cuestión definitivamente.Por que teñen os veciños de Forcarei, facer o traballo dos políticos da corporación municipal?
A pregunta que nós nos facemos dende o BNG , é a seguinte que pasaría si en Forcarei, o BNG tivese representación municipal e tivese acceso a informes técnicos , actas de plenos ....... de seguro que algunhas cousas mudarían.

Por último o BNG felicita á corporación municipal (ao PP e ao PSOE) por facer o seu traballo xa que eran os únicos que podían facelo e lamenta a instrumentalización eleitoratlista da cuestión do IBI.

E para rematar sinalar que a suba do imposto e a revisión catastral era algo que se pretendía facer dende o 15 de Xaneiro do 2003 tal como recolle “ La Voz de Galicia”:”Forcarei precisa unha revisión catastral ou incrementar o tipo impositivo do IBI”

Por tanto esta situación comeza no 2003 e remata , esperemos , no 2009 , farán falla outro 6 anos para resolver novos e vellos problemas do concello?