![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgTep6PJIy5ZqpNWTUSYsOxWf5V6zwHae67oMw7voYzMVyTvhMpItkm6R6KmMl2js_1wX0ZnETV-chyijQEIAteFlR9c8-VTpyccsPJw8U7gGViRDFqozDjwL1mlWE1m4V9qzAhKdKtGpE/s400/bandeiras.jpg)
CIS confirma a tendencia á alza do BNG ao atribuírlle no su inquérito de Xaneiro de 2011 unha intención directa de voto do 0,6 por cento no conxunto estatal, 3 décimas máis do que este instituto de opinión lle outorgaba no estudo realizado en Outubro de 2010.
Habería que retrotraerse a Abril de 2008 para acharmos unha intención directa de voto tan alta para o Bloque Nacionalista Galego.
A estimación de voto que o CIS realiza para o BNG -e que é froito de combinar a intención directa coa simpatía que esperta a formación nacionalista galega e outras variábeis- acada o 0,9 por cento do voto emitido no conxunto do Estado, unha décima máis do resultado que obtivo o Bloque nas eleccións xerais de 2008.
Este resultado positivo do CIS vense unir a outros estudos realizados por institutos de opinión privados que concordan tamén en sinalar a tendencia alcista do BNG.