jueves, 17 de marzo de 2011

QUE ESTÁ PASANDO COAS UXFOR?

As UXFOR ( Unidades de Xestión Forestal) caracterízanse polo agrupamento de parcelas cara a súa xestión en común seguindo un plan, o Instrumento de Xestión Forestal Específico (IXFE), establecido e aprobado pola Asemblea de propietarios. Este instrumento de mellora dos nosos montes foi posta en marcha polo BNG no período que goberno a Xunta de Galiza, en concreto, a Consellaría de Medio Rural.

Entre as súas vantaxes, as UXFOR caracterízanse pola recuperación e posta en valor da propiedade forestal abandonada, a consecución de unidades produtivas de maior tamaño, que permitan e optimicen a rendibilidade do monte, así como unha xestión común e profesional do monte. Todo iso redunda non só nun mellor aproveitamento do monte, senón que diminúe considerabelmente o risco de incendios forestais.

En Forcarei promoveron a UXFOR do Sixto para xestionar 56 hectáreas, divididas en 15 parcelas en mans de 2 propietarios ( unha parte é monte comunal). No cambio de goberno tiñan presentada a presolicitude.
Incluso nas reunións previas á constitución estivo Gonzalo Constela , quen animou aos veciños para iniciar os trámites canto antes e deste xeito axilizar o procedemento.

O problema é que co cambio de goberno tamén cambiou o xeito de facer as cousas, e o que antes era financiábel pola administración xa non é dificultando os trámites e a constitución das UXFOR, poñamos un exemplo: antes os propios técnicos da consellaría redactaban os planos de ordenación do monte, ferramenta básica para determinar cal era o mellor xeito de organizar a actividade nos montes , e condición indispensábel para a constitución dunha UXFOR.
Agora isto xa non é así , se os propietarios queren seguir adiante co proceso deben contratar a técnicos externos para facelo.
O BNG sempre apoiou que a administración fose quen de recuperar e facilitar o traballo ás comunidades de montes e a poboación en xeral.

Isto determina un xeito de entender a política , para o BNG a administración debe garantir o presente e sobre todo o futuro dos nosos montes , para iso puxo en marcha o banco de terras , as UXFOR …

Para o PP existen dous tipos de facer política forestal , por unha banda entenden que debe ser a iniciativa privada a que vele polos intereses dos montes esto é :que paguen as comunidades de montes. E por outra banda a consecuencia da primeira: que non hai cartos? Pois mala sorte e non se fai nada o que explica situación do monte comunal en moitas partes da Galiza.
Dende o BNG preguntámonos cómo o PP pode estar tan alonxado da realidade social dos concellos. Como poden pretender que en concellos que perden poboación de forma desmesurada, nalgúns lugares nos que os máis novos non coñecen as delimitacións das parcelas se conserven os nosos montes limpos.

Apoiar unha opción ou outra opción política implica facer unha declaración de intencións sobre os nosos montes , senón botade unha ollada ás novas da prensa e mirade quen está prol da defensa a ultranza dos nosos montes.