jueves, 17 de marzo de 2011

O BNG DE FORCAREI , UNHA REVISIÓN: PASADO, PRESENTE E, FUTURO.

Entrevista á responsábel local sobre a situación do BNG no concello.

Como avalías a situación actual da organización no concello?
A ver eu creo que , debemos ser ante todo honestos é recoñecer que as cousas están difíciles. Para nós foi un golpe duro perder o goberno da xunta e seguir sen ter representación no concello, porque temos moitas dificultades para conseguir información e non temos posibilidade de empregar os mecanismos institucionais. isto é , non podemos facer mocións, propostas … sinceramente, para nós, isto é un problema.Pero tamén debemos ser realistas e recoñecer que dende as municipais vense realizando un traballo continuo con presenza do BNG en todas as eleccións e incluso mellorando os resultados, que o BNG estivera facendo campaña nunhas europeas francamente era impensábel e agora xa estamos falando de propostas para as municipais cos veciños, isto sen dúbida é un gran avance.

Como valoras a actuación do goberno municipal?
Eu creo que eles están esgotando un ciclo e que os veciños estanse dando conta, Nós dende o BNG sempre tivemos unha visión clara de cara onde debía ir o noso concello , e dá a sensación de que equivocados ou non , somos os únicos que sabemos por donde queremos tirar. Para nós sacar o flote o sector agroganderio foi , é e será unha prioridade moito máis nos tempos que corren , grazas a anterior consellaría de Suárez Canal , puxemos en marcha as concentracións parcelarias de: Meavía – Quintillán , Dúas Igrexas, Millerada e Aciveiro, intentamos simplificar os trámites xuntando fases que se facían en dou anos como levantamento topográfico e o estudo de impacto medioambiental, coa consellaría do BNG fixéronse nun ano .
Outras das cuestións que máis magoa nos dá e a reforma da lei de concentración parcelaria que queda pendente , o BNG quería que os gandeiros fosen os máis beneficiados con estes procesos.
Pero o BNG non so se preocupa dos gandeiros, tamén amosamos a nosa preocupación polo plan de ordenación municipal que deixaba uns núcleos enormes e que facían que veciños tiveran que pagar moitos cartos pola contribución sen ter os mesmos servizos .
E por suposto nós queremos que o noso concello teña unha oferta cultural propia que potencie as nosas diferenzas , e que dicir do turismo ,para nós é importante ordenar e potenciar este sector a partir da creación de novos produtos que inviten a pasar unha fin de semana .
Tampouco esquecemos o sector empresarial e industrial que debe ser apoiado dende o concello, o que queremos que quede claro e que no BNG temos alternativa.

Como valoras o papel da oposición?
Eu non vou a entrar a valorar o que fai o PSOE , eu vou a valorar a noso papel na oposición fóra do pleno, moito dos veciños de Forcarei, téñennos dito que non saímos na prensa , e nós sempre contestamos do mesmo xeito: nós o que queremos antes de nada é que a xente saiba de nós ,que seguimos aquí e que tratamos de resolver as cuestións que están na nosa man , pero sobre todo o que pretendemos é que axente de Forcarei perciba a necesidade de que entremos no concello , para defender os seus intereses, logo xa virán as notas de prensa.

Para rematar, hai alternativa en Forcarei?
Definitivamente si , hai alternativa porque hai BNG